Skip to main content
Cultura TERRACHÁXAVilalba

“Vodas de sangue” nos Sábados de Teatro coa Escola Municipal de Teatro de Vilalba e o IESCHA

Por 31 Outubro, 2017Sin comentarios

O Instituto de Estudios Chairegos continuando co desenvolvemento dos II Sábados de Teatro organiza para o vindeiro venres 3 de novembro, ás nove do serán, no Auditorio Municipal vilalbés a cuarta e última función que correrá a cargo do grupo Escola Municipal de Teatro de Vilalba que pon en escena a obra “Vodas de sangue”.

O texto de Federico García Lorca conta con todos os ingredientes da traxedia. Os personaxes pretenden loitar contra un destino que finalmente imporase de xeito implacable. Un noivo e unha noiva concertan o seu matrimonio. O día da voda a noiva volve ver ao seu anterior noivo, Leonardo, do que sempre estivo namorada. Leonardo, agora casado e con fillos, pertence á unha familia enfrontada á do novio por unha antiga rivalidade na que houbo mesmo asasinatos. A novia e Leonardo fuxen a noite vodas levados pola súa pasión, e o novio sae a buscalos. Cando os atopa…

Equipo artístico
Noivo: Antón Paz. Nai: Olga Seoane. Veciña: Estrella Naseiro. Leonardo: Iván Edrosa. Muller de Leonardo: Lucía Guizán. Sogra de Leonardo: Tamara Rodríguez. Noiva: Carmen Ferreiro. Criada: Tamara Grandío. Nai da noiva: Carmen Gómez. Leñador 1/Mozo 1: Manuel Lamela. Leñador 2: Juan Rico. Leñador 3: Cristina Orosa. Moza 2: Noelia Veiga. Moza 3: Lorena Re.y Rapariga 1: Laura Ares. Rapariga 2: Aurora Romero. Rapariga 3: Adriana Díaz. Lúa: Susana Pérez. Esmoleira-Morte: Mónica González.