Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

A Casa das Ínsuas acolle xornadas para a construción de refuxios e de mosaicos con motivos naturalistas

Por 11 Novembro, 2017Sin comentarios

Casa das Ínsuas dende a ponte medieval de Rábade.

A Casa das Ínsuas de Rábade acolle a vindeira fin de semana actividades sobre a construción de refuxios para a fauna e de mosaicos con motivos naturalistas.

O sábado 18, entre as dez da mañá e as dúas do mediodía, os participantes construirán refuxios para fauna contribuíndo a mostrar a importancia deste tipo de construcións. Durante a xornada realizarán un dos modelos existentes: un “bug hotel” ou hotel de insectos.

E o domingo 19, tamén no mesmo horario, dedicarase a xornada á construción de mosaicos con motivos naturalistas da man da artista Mariana Roura.

As persoas interesadas poden incribirse a través do portal www.custodiadoterritorio.org/actividades información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630 94 82 93 a través do WhatsApp ou vía telefónica.