Skip to main content
Vilalba

Luar na Lubre presenta en Vilalba o recopilatorio polo seu trixésimo aniversario

Por 13 Novembro, 2017Sin comentarios

Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro. Será no auditorio municipal Carmen Estévez ás oito e media do serán cun prezo da entrada de 15 euros adquírondoa de xeito anticipado a través de ataquilla.com ou na Casa da Cultura e 18 euros na billeteira o propio día da actuación.

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, celebra a súa longa traxectoria cun CD recopilatorio. Non é un recopilatorio tradicional, senón que vai máis alá e aporta unha colección diferente de temas “escondidos”, de tesouros “non habituais” pero non por iso menos sorprendentes que os seus grandes clásicos.