Skip to main content
Actualidade

Aprobado o orzamento de Suplusa para 2018 con case 4,6 millóns de euros

Por 14 Novembro, 2017Sin comentarios

O Vicepresidente da Deputación, Manuel Martínez Núñez, presidiu este martes o Consello de Administración de Suplusa, no que se aprobou por unanimidade a proposta de orzamento deste organismo para 2018 que presentou o Goberno Provincial. Esta ascende a case 4,6 millóns de euros (4.582.854 euros).

Con respecto ao ano pasado, diminúe nun 2,36%, que representa 111.047 euros pola falta das encomendas de xestión dos hortos urbanos, que os asumiu a Deputación, e da Escola de Piragüismo, que asumiu a Federación Galega desta modalidade deportiva. Non se acode a ningunha operación de crédito, mantendo a débeda cero.

Dos preto de 4,6 millóns de euros, un total de 1.721.428 euros representan custos de persoal, que se incrementan nun 2%, atendendo á previsión da Lei de Orzamento Xerais do Estado para 2018. Os restantes 2.847.165 euros distribúense do seguinte xeito:

– 1.185.801 euros para a posta en valor e mantemento das áreas verdes que xestiona a Deputación na provincia e que suman máis de 1.200.000 metros cadrados.

– 1.044.498 euros é a achega ordinaria de urbanismo para o mantemento e desenvolvemento dos polígonos industriais.

– 376.867 euros para os custos de funcionamento dos centros de maiores.

– 240.000 euros para a reparación da cuberta do Taller Mallo, que se sitúa en Begonte.