Un home acabou accidentalmente coa vida da súa muller en Riotorto mentres cortaba madeira cunha motoserra. Os feitos ocorreron no lugar da Hermida.
O 061-Urxencias Sanitarias mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar, aínda que non chegou a intervir tras confirmarse o falecemento da muller.
O 112 Galicia tivo constancia do sucedido a través do persoal sanitario ás 13:25 horas.
Decontado, dende o CIAE informouse á Garda Civil, a Protección Civil e ao GES da Pontenova. Ademais pasouse o aviso para atender ao home da persoa falecida ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), que desprazou dous membros ata o lugar.