Skip to main content
Actualidade

A Casa-Museo Manuel María recibe ás gañadoras do Premio Martín Códax 2017 na categoría de blues/funk/soul

Por 17 Novembro, 2017Sin comentarios

VooDoo.

A Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, acolle este sábado 18 de novembro ás oito do serán un concerto do dúo musical VooDoo, que interpretará un anticipo do traballo musical que vén de gravar recentemente.

As súas compoñentes, Maritxinha, no baixo e loops, e Belém Tajes, teclado e voces (voz tamén do grupo Luar na Lubre), foron as gañadoras neste 2017 do Premio Martín Códax de Música Galega na categoría blues/funk/soul. As súas letras, chegadas da música tradicional galega, combínanse con harmonías fundamentalmente de soul e blue (https://www.youtube.com/watch?v=Xc_RdQ0TkQs).

O concerto é de entrada libre até encher o aforo, mais pódense reservar as entradas escribindo contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698 177 621.