Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Goberno da Deputación inviste 104.000 euros na mellora de estradas e accesos rurais da Pastoriza

Por 17 Novembro, 2017Sin comentarios

O Goberno da Deputación aprobou na Xunta de Goberno deste venres un investimento de 104.000 euros para mellorar a estrada municipal dende Marco de Álvare a Caínzos, así como os accesos ao cemiterio da parroquia de Saldanxe.

De dita cantidade, destínanse 80.000 euros para o acondicionamento de 2 quilómetro (do 0 ao 2) da LU-044-060, sendo a 1º fase das obra de mellora desta via. Trátase do treito dende a estrada LU-P-5501 á LU-P-4404. As melloras consistirán no aglomerado en quente e no incremento da sinalización. Esta vía municipal conta coa maior carga gandeira do Concello, pois hai máis de 25 explotacións gandeiras que superan as 2.500 vacas, rexistrando un volume moi elevado de maquinaria pesada.

Os restantes 24.000 euros son para o arranxo do camiño municipal na parroquia de Saldanxe, que conta con 50 veciños, que dá acceso ao cemiterio. Con estas actuacións darase solución aos problemas de acceso ao camposanto.

Con estas actuacións dáse resposta a demandas veciñais existentes deste Concello.