Skip to main content
Actualidade

A comarca tamén conmemora o Día Internacional contra a violencia de xénero

Por 25 Novembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Rábade, contra a violencia de xénero.

Os actos en conmemoración do Día Internacional contra  a violencia de xénero comezaban o xoves 23 de novembro coa posta en marcha da campaña ‘Concellos en negro contra a violencia de xénero’ na que participan os de Vilalba, Rábade e a Deputación Provincial. Con ese motivo, moitos establecementos comerciais, hostaleiros, edificios públicos e vivendas particulares de ambas localidades amosaban carteis a favor da igualdade e panos negros en sinal de loito polas vítimas.

O venres 24 de novembro celebrábase unha concentración diante a Casa do Concello de Vilalba contra a violencia de xénero.

Xa o venres 24 ao mediodía, tamén dentro da mesma campaña, ambos Concellos chairegos acollían unha concentración diante da Casa Consistorial.

Outros Concellos impulsaron tamén actividades específicas en conmemoración desta data. No caso do Concello de Guitiriz celebraba o xoves 23 un debate infantil-xuvenil sobre a violencia de xénero e o da Pastoriza proxectaba un filme na Casa da Cultura o venres 24 para reflexionar sobre o mesmo tema.

Tamén diversas asociacións, clubs, centros de ensino ou outros colectivos da comarca amosaron o seu rexeitamento a este tipo de violencia.