Skip to main content
BrevesVilalba

Convocado o Certame de poesía de Nadal 2017 na Biblioteca Municipal de Vilalba

Por 28 Novembro, 2017Sin comentarios

A Biblioteca Municipal de Vilalba convoca como cada ano por estas datas o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2017” (fase local) dividido en tres categorías: A, ata 8 anos; B, de 9 a 11 anos e C, de 12 a 16 anos.

O prazo para a presentación dos poemas remata o 22 de decembro e poderase efectuar na propia Biblioteca Municipal de Vilalba. As bases e a folla de inscrición están dispoñibles na web do Concello e tamén na propia biblioteca de luns a venres de dez a unha da mañá e de catro e media a oito e media da tarde.

O fallo do xurado darase a coñecer na primeira quincena de xaneiro.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.