Skip to main content
BrevesGuitiriz

Un vehículo da varias voltas de campá na A-6 en Guitiriz

Por 4 Decembro, 2017Sin comentarios

Sobre as doce e media do mediodía o CIAE era alertado dun accidente en Guitiriz. Neste caso, segundo indicaron varios particulares, tratouse dun coche que deu varias voltas de campá ao saírse da vía pola que circulaba, ao redor do punto quilométrico 533 da A-6, dirección Coruña.

Ata o punto desprazáronse os servizos sanitarios, axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil, tras ser alertados polo 112 Galicia. Os Bombeiros de Vilalba e os membros do GES de Guitiriz tamén foron informados aínda que, non foi precisa a súa intervención posto que a condutora puido saír polos seus propios medios do interior do turismo.