Skip to main content
BrevesGuitiriz

‘Concilia tamén no Nadal’ en Guitiriz

Por 6 Decembro, 2017Sin comentarios

O Concello de Guitiriz pon en marcha un novo programa de actividades lúdico-festivas dirixidas a nenos e nenas de 3 a 8 anos que pretenden facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante o Nadal.

Así, a partir do luns 11 de decembro abre o prazo para inscribirse na Casa do Concello, a través do teléfono 982 370 109 ou ben no enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com.