Skip to main content
ActualidadeCospeito

De tapas por Muimenta nesta ponte de decembro

Por 7 Decembro, 2017Sin comentarios

Catro establecementos hostaleiros de Muimenta impulsan un novo Concurso de Tapas entre este xoves 7 e o sábado 9 entre as sete da tarde e as once da noite.

Os locais participantes serán O Cabuxo, Anllo, Alvariño e o Café Bar A Plaza entre os que se elixirán dous gañadores: un a través da votación do denominado xurado profesional –integrado por representantes dos locais participantes e a xunta directiva da asociación que asignarán puntos do 1 ao 10- e outro por votación popular –a través da elección dunha tapa gañadora por parte de cada persoa que acuda a consumir as catro tapas do concurso e así o faga constar cos catro selos da tarxeta da ruta.

Ademais, cada ruta cuberta entra no sorteo de tres vales de 75 euros a consumir nos diferentes socios do colectivo empresarial de Muimenta nos 30 días seguintes á súa entrega. Este premio estará patrocinado por Cafés Bou.

Muimenta, foi xunto a Vilalba, dos primeiros pobos da comarca que empezaron a organizar este tipo de concursos. Así, tanto a Asociación de Empresarios coma os locais de hostelería participantes manteñen o seu compromiso co pobo e coas tapas. De feito, recuperan o servizo de autobús de Autocares Darriba que percorrerá os locais participantes. O seu horario será a partir das oito e media ás once.