Skip to main content
Actualidade

En Marea demanda a Fomento a mellora das indicacións sobre direccións na A-8

Por 14 Decembro, 2017Sin comentarios

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, diríxese ao Ministerio de Fomento nunha iniciativa parlamentar para demandarlle a mellora das indicacións sobre direcións a vilas e lugares na A-8, en concreto critica a ausencia de sinais cara Viveiro desde Vilalba.

A-8 debe contar coas pertinentes sinais

Explica a Fomento que a A-8 adoece de moitas deficiencias, como a xa coñecida do peche constante á circulación no Alto do Fiouco, pero tamén ten deficiencias no que atinxe á sinalización. Neste sentido, explica que os conductores que veñen desde A Coruña ou desde Lugo e diríxense a Viveiro soen confundirse debido á falla de cartaces e continúan viaxe até Mondoñedo, saltándose a saída á altura de Vilalba.

Fernán Vello considera que “non é moito peder que o Ministerio faga un mapeo da A-8 e sinalice axeitadamente vilas de A Mariña como na saída en Vilalba. É unha carencia fácil de subsanar, non require grandes investimentos e facilitaría a conducción e a comunicación”.

Ademáis, “debe ter presente que vilas como Viveiro son moi turísticas e unha adecuada sinalización facilitaría tamén o tránsito ao turismo”. Así formula unha serie de preguntas a Fomento para saber se vai atender esta petición e se o pode solventar nun breve prazo de tempo.