Skip to main content
Actualidade

O BNG pide aclaracións sobre os informes contraditorios que determinan a equiparación salarial dos bombeiros

Por 14 Decembro, 2017Sin comentarios

Xosé Ferreiro explica aos bombeiros as contradiccións entre o Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros e o Secretario da Deputación para a equiparación salarial.

O voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, informou este xoves das contradicións existentes entre os criterios do Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros e o Secretario da Deputación en relación ao aboamento dos cartos que foron reservados no orzamento provincial para a equiparación salarial dos bombeiros do parques comarcais. Ferreiro sinalou que “segundo informa o Secretario da Deputación, si é posible que se lles abone a parte reservada pola institución Provincial de forma extraordinaria neste final de ano” e explicou “como ben recolle o Secretario pódeselles aboar por que se trata, tamén nos orzamentos da Deputación, dunha achega extraordinaria”.

Por outra banda o Secretario do Consorcio Provincial de Bombeiros informara no seu momento que para que os bombeiros recibisen unha aportación extraordinaria era necesaria a modificación dos estatutos do propio consorcio. Para o BNG “e preciso aclarar esta contradición para que os traballadores poidan recibir uns cartos que son seus”.

Ferreiro lamentou que a Xunta segue sen cumprir coas súas obrigas e “segue discriminando aos traballadores de Lugo polo simple feito de que o PP non goberna na Deputación de Lugo” e lembrou que a Xunta non dispuxo partidas económicas para satisfacer a súa achega correspondente á equiparación salarial dos bombeiros no ano 2017. O BNG reclama que “de ser posible os cartos reservados para a equiparación salarial dos bombeiros no orzamento da Deputación se lles entreguen aos traballadores independentemente do que faga a Xunta coa parte que lle corresponde”.