Skip to main content
ActualidadeVilalba

Á venda todos os cromos dos álbums do Rácing Vilalbés

Por 10 Xaneiro, 2018Sin comentarios

Os afeccionados do Rácing Club Vilalbés xa contan con toda a colección de cromos da tempada á venta para pechar o álbum que recibiron de agasallo os xogadores desta tempada.

Esta iniciativa do club, que é a segunda vez que se fai, ten o obxectivo de que os nenos teñan un recordo do seu paso polo Rácing. O álbum, que recibiron de agasallo os xogadores do club e que tamén está á venda en determinados establecementos de Vilalba, conta con 295 cromos de todos os xogadores de todas as categorías, así como delegados, adestradores e plantillas. A colección tamén garda un especial recordo a Jorge Tato, o xogador xuvenil que morreu hai dous anos nun accidente de tráfico á volta dun adestramento.

Os rapaces poderán completar o seu album con cromos que se venden a 1 euro cada sobre de seis. Deste xeito, o club fomenta a socialización entre os diferentes grupos de idade e, ao mesmo tempo, permítelles gardar un recordo do seu paso polo Vilalbés.

Os interesados e interesadas poden mercalos na librería Andel, librería Pergamino, librería Papérix, Colorín Colorado, Move-T, Cafetería A Pravia, My English Classroom e golosinas Caprichos.

O club, pola súa banda, poderá ver unha evolución dos rapaces cada certo tempo, xa que esta iniciativa ten a intención de repetirse cada catro ou cinco anos de novo.