Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAVilalba

O Concello de Vilalba pon en marcha en tres parroquias puntos de recollida de plásticos de silo

Por 15 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de poñer en marcha tres puntos de recollida de plásticos de silos noutras tantas parroquias do termo municipal. Os lugares escollidas para comezar con esta acción foron Codesido, Ínsua e San Juan de Alba.

Estes puntos de recollida de plásticos de silos consisten en  recintos de 15 x 15 metros vaiados perimetralmente cun muro e una valla e no que se pode entrar con furgoneta.

Esta acción está condicionada, segundo explica o alcalde, Agustín Baamonde, porque na época de apertura de silos, os plásticos que non se recollen correctamente son moi contaminantes.

Baamonde asegurou que durante este ano, o resto das parroquias contarán con puntos de recollida similares para intentar controlar os vertedoiros.