Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba fará o 13 de febreiro o concurso de Entroido

Por 18 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O martes 13 de febreiro o Concello de Vilalba celebrará o seu tradicional concurso de disfraces entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h e amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, e o grupo Fanfarria Taquikardia.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios na carpa institucional da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición para este concurso, xa aberto, remata o venres 9 de febreiro. Ten que facerse na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben através do formulario da web: www.vilalba.org

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

O mércores 14 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza da Constitución, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.

Consulta as bases do concurso de disfraces neste enlace