Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Nace en Riotorto a empresa Lugoaventura, dirixida á práctica de actividades de aventura

Por 19 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O empresario meirense Pablo Cabodevila inaugura o sábado 20 de xaneiro en Riotorto a empresa Lugoaventura, unha iniciativa dirixida á práctica de actividades de aventura na zona de Meira e Riotorto.

Con esta iniciativa, o emprendedor quere conseguir potenciar o turismo na súa vila de nacemento, xunto con varias casas rurais da zona, coas que ten un acordo de colaboración.

Lugoaventura permitirá aos usuarios dos seus servizos dar paseos en buggy polas zonas de montaña mentres que os grupos disporán de vehículos 4×4 para facer rutas.

A sede desta empresa de ocio está no lugar de Ferrería, nº5, no concello de Riotorto, pero se presentará oficialmente este sábado, 20 de xaneiro, a partir das 5 da tarde, no Mesón do Mazo, en Ferreiravella, onde están invitados a asistir todos os que o desexen. Así mesmo, poderán probarse gratuitamente os buggys.

Para a contratación dos servizos o teléfono de contacto é o 982 103310.