Skip to main content
ActualidadeVilalba

Actividades de xaneiro no IES Lois Peña Novo

Por 29 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O IES Lois Peña de Vilalba desenvolveu durante o mes de xaneiro unha serie de actividades entre as que destacou unha unha charla sobre as Becas Feuga.

Tamén tiveron unha charla coloquio impartida por dúas traballadoras sociais do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Vilalba, coas alumnas do Ciclo Medio de Técnica de Atención a Persoas en Situación de Dependencia. No marco do módulo profesional Características e Necesidades das Persoas en Situación de Dependencia, que imparte o profesor Pedro Rial. As dúas traballadoras sociais abordaron a situación das persoas en situación de dependencia no Concello de Vilalba

Por outra banda, o garda civil Ramón Peña deu unha charla sobre co título O acoso escolar e as novas tecnoloxías: Ciberacoso, charlas que se engloban dentro do Plan Director para a convivencia e a memoria da seguridade nos centros educativos e máis nos seus contornos.

[Best_Wordpress_Gallery id=”17″ gal_title=”Actividades no IES Lois Peña”]