Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba organiza varias actividades para conmemorar o Día da Muller

Por 17 Febreiro, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba sumarase á conmemoración do Día internacional das Mulleres coa posta en marcha de varias actividades dirixidas dirixidas a distintos colectivos.

Por unha banda, os responsables muncipais continuarán co traballo conxunto que se está a realizar nos centros educativos para concienciar aos máis novos sobre valores educativos en igualdade. Para ista se están poñendo en marcha distintos obradoiros e actividades en todas as etapas educativas, que se levarán a cabo entre o 5 e o 16 de marzo nos centros do municipio.

Por outra banda, organizan tamén unha serie de actividades lúdico-cuturais dirixidas a todo o público.

Así, o día 16 de febreiro abriu na sala de exposicións do Auditorio Municipal Carmen Estévez a exposición co título Á violencia de xénero… dille non, cedida pola Secretaríua Xeral da Igualdade e que poderá visitarse ata o día 11 de marzo no horario habitual de apertura ao público do centro.

Asimismo, a compañía teatral Xoré Teatro representará a obra Pementeiras. Esta cita será o 9 de marzo, ás 20.30 horas no mesmo Auditorio Municipal.

Finalizarán os actos coa celebración da segunda edición da Andaina  pola igualdade, á que poderán asistir todo os que o desexen e que terá lugar o día 11 de marzo ás 12.45 horas con saída da Praza da Constitución e cun percorrido, asequible para todas as idades, polas rúas de Vilalba.