Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Unha veciña de Pol cumpre cen anos

Por 18 Febreiro, 2018Sin comentarios

Manuela Lenza López, unha veciña de Pol, cumpriu o pasado día 4 de febreiro cen anos.

Esta muller que se atopa moi ben de saúde, reside actualmente en Susá, na parroquia de Valonga, acompañada do seu fillo Juan, na casa familiar.

Manuela ten outras dúas fillas, Nicasia e Maribel, ademais de tres netos e unha bizneta, que no quixeron perderse a ocasión de felicitala nesta data tan sinalada.

Naturalmente, o seu cumpreanos, que supón nada máis e nada menos que chegar ao século de vida, foi festexado por todo o alto, xa que son moi poucas as persoas que chegan ás tres cifras. De feito, ademais de recibir a felicitación dos seus familiares más achegados, tamén recibiu un ramo de frores de parte do todos os seus veciños, que foi entregado polo alcalde, Lino Rodríguez Ónega.

Ademais, ese mesmo domingo o cura, Miguel Asorey, dedicoulle unha misa na súa propia casa, na que estiveron presentes moitos dos veciños, que non quixeron perder a ocasión de felicitar a Manuela López neste día tan especial.