Skip to main content
ActualidadeSociedade

Responsables do Burela FS visitan o CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei

Por 20 Febreiro, 2018Sin comentarios
Responsables do club Pescados Rubén Burela FS visitaron estes días o CEIP Ramón Falcón de Castro de Rei para dar a coñecer o club e tamén informar sobre a importancia do deporte na formación dos rapaces.
 Edu, Hélder e Sara Correia, xunto ao monitor de base Simón Martínez, compartiron a súa maior paixón cos alumnos e alumnas de entre 3 e 12 anos, acompañados polo seu mestre de Educación Física.