Skip to main content
AbadínActualidade

Éxito da XIII edición de Expogrelo en Abadín

Por 22 Febreiro, 2018Sin comentarios

O recinto ferial de Gontán acolleu unha nova edición de Expogrelo. Nesta edición participaron 16 greleiras, que empezaron a vender moi cedo, e algunhas a media mañá xa tiñan todo vendido.

Como outros anos, os prezos da mada foron de 1 euro e as vendas foron tan boas como noutras edicións, ademais houbo bastante xente que mercaba, non só se achegaron a disfrutar da feira.

A participación dos 35 stand da feira de artesania e productos variados axudaron a que fora unha xornada moi produtiva e con bastante afluenza, onde o concello colaborou cos menús degustación de empanadas e caldo e coa venda de máis de 700 cuncas de barro de recordo.