Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade rehabilitará dous batanes, o muíño e a Fábrica da Luz

Por 11 Marzo, 2018Marzo 13th, 2018Sin comentarios

O Concello de Xermade inicia estes días varias obras acollidas ao Plan Único da Deputación Provincial. As accións previstas é o cambio das ventás na Rectoral de Xermade e da Escola de Candamil.

Ademais, tamén teñen en marcha o proceso de rehabilitación da Biblioteca de Xermade, na que cambiarán también as portas, tras o cambio de ventás realizado os últimos meses.

Tamén iniciará en próximas datas as obras en Folgoso e Lousada consistentes na rehabilitación de dous batanes, un muíño e a Fábrica da Luz, que se atopan preto da ruta de senderismo. Estas últimas obras van con cargo ao GDR e para o seu inicio só faltan os permisos para dar comezo, segundo indicou o alcalde, Roberto García.