Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Actuación do Club de Atletismo de Friol en Málaga e Mérida

Por 16 Marzo, 2018Sin comentarios

De excepcional pódese calificar a actuación de María Carballido no Campeonato de España sub 18 de pista cuberta que se celebrou o pasado 10 de marzo na localidade malagueña de Antequera, e onde María lograba o cuarta posición na súa serie clasificatoria cun mellor rexistro de 2.19.17 minutos, logrando así a súa MMP na distancia. Con este crono, María auparíase ao oitavo posto da clasificación xeral deste nacional na proba dos 800 metros lisos.

Tamén o pasado 11 de marzo, Adrián Lage tomaba parte no Campeonato de España sub 20 de cross na cidade de Mérida (Badajoz), onde lograba un meritorio 52 posto, acabando os oito kilómetros do circuito extremeño nun tempo de 27.14 minutos.