Skip to main content
ActualidadeVilalba

O concello de Vilalba desenvolverá cursos en oito parroquias

Por 22 Marzo, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba desenvolverá unha serie de cursos dentro do Plan de Dinamización dos Entornos Rurais. Esta actividade estará a cargo da empresa Xogos de Amizade e a temática dos cursos foi elexida polas propias asociacións das parroquias.

A oferta é moi variada que vai dende cestería, tapicería, restauración de mobles, manualidades, pintura, micoloxía, horticultura ecolóxica, xardinería, cociña e elaboración de conservas. Estes levaranse a cabo nas parroquias de Oleiros, Sancovade, Bordelle, Lanzós, San Lorenzo de Árbol, Ínsua, Ladra e Goiriz.

En Santaballa e Bordelle están xa en marcha cursos de micoloxía e outro de horticultura. En Sancovade de manualidades, pintura e restauración de mobles; en Oleiros de cestería, tapicería e restauración de mobles; en Lanzós de micoloxía; en San Lorenzo de Árbol de xardinería; en Ladra e Ínsua de cociña; e en Goiriz de elaboración de conservas.

“Dende o concello parécenos unha maneira de dinamizar o rural, de que a xente colabore e estea unida e se fagan actividades” di a concelleira Cheri Grandío. “A xente está moi contenta, algúns cursos están case rematando e os participantes queren repetir, e ademais hai máis xente da que esperabamos”, conta Alejandro Abando, xerente da empresa encargada de facer os cursos de dinamización rural Xogos da Amizade. Miguel García, monitor dos cursos de horticultura e micoloxía di que “dunha participación media de 15 alumnos que era o que se barallaba para o curso de Santaballa, veño tendo 27 alumnos”. “Axudar as asociacións do medio rural e mostrar que ademais de agricultura e gandería hai xente moi capacitada de organización e moi creativa, é o noso obxectivo”, remata Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba.