Skip to main content
Actualidade

O Fendetestas de rugby ascende a Primeira División tras 5 anos

Por 28 Marzo, 2018Sin comentarios

Esforzo e traballo, esa é a base de todo, e todo chegará no seu momento. Así lle pasou ao CR Fendetestas das Pontes. O equipo pontés de rugby conseguiu este sábado no campo do Poboado (cedido para a ocasión grazas ao Concello e ao CD As Pontes) un memorable ascenso á Primeira División galega tras gañar na final dos play off de ascenso ao Zalaeta de Arteixo por 23-3. Tras cinco anos, o club pontés regresa á categoría que lle correspondía. E tras catro intentos, a quinta foi o vencida: o premio foi o ascenso á Primeira Territorial nunha tempada que nunca esquecerán, xa que teñen 15 victorias e tan so 1 derrota por riba.

Entregaron os  trofeos o alcalde Valentín González Formoso e o Concelleiro de Deportes Chicho Tembrás.

“Foi un partido moi bonito, o mellor da tempada quizais, dominamos a fase estática e tivemos moita posesión do balón. Aínda que o Zalaeta é un equipo moi potente”, di Xosé Cendán, xogador e fundador do club Fendetestas. “Fomos o equipo máis completo da final, pero o máis importante de todo é chegar a un estadio con tanta xente detrás apoiando, o equipo feminino, as autoridades da zona…, cando estamos acostumados a xogar case nun campeiro” conclúe.

Agora tócalles xogar a Copa Galicia, pero aínda está pendente o sorteo para ver contra quen se enfrentarán.