Skip to main content
ActualidadeVilalbaXermade

As bibliotecas de Vilalba e Xermade recibirán unha axuda para dotarse de novidades editoriais

Por 14 Abril, 2018Sin comentarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concédelles este ano axudas a un total de 155 concellos para dotar as bibliotecas e axencias de lectura municipais dos títulos editoriais máis recentes en lingua galega. Así o publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, xunto coa resolución das subvención para a mellora das coleccións das bibliotecas, na que resultaron beneficiarios 118 localidades das catro provincias galegas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180406/AnuncioG0164-260318-0002_gl.html

En ambas as dúas liñas de axudas, a Secretaría Xeral de Cultura investiu un total de 550.000 euros. Desta contía, 200.000 destináronse á adquisición de novidades editoriais, co fin de que as bibliotecas e axencias de lectura públicas de Galicia teñan ao dispor dos seus usuarios e usuarias as obras máis recentes publicadas en galego no momento da súa entrada no mercado.

Da zona da Terra Chá só recibirán esta axuda

Os municipios que resultaron beneficiarios desta liña de axudas foron Vilalba e Xermade.