Skip to main content
ActualidadeVilalba

Carlos Yobani gaña o Torneo Internacional da Nucia

Por 16 Abril, 2018Sin comentarios

O deportista vilalbés Carlos Yobani fíxose cun novo ouro, nesta ocasións no Torneo Internacional da Nucia (Alicante), no que tamén obtiveron bos resultados os vilalbeses Samuel Garcia Miragaya en cadete e Roberto Díaz Orosa na categoría júnior.

O sábado disputouse a categoría cadete, na que Samuel acadou o bronce en menos de 51 kg, e o domingo foi o tempo da júnior, na que Carlos acadou o ouro en menos de 65 kg e Roberto a prata en menos de 60 kg.

Con este resultado e malia non poder participar no campionato de España Sub23 a semana pasada por unha lesión, Carlos posiciónase  como un dos fixos para representar a España nos próximos campionatos de Europa da categoría, pois venceu con facilidade a todos os opoñentes nacionais e internacionais a pesares de competir aínda mermado polo recente esguince de xeonllo que sufriu hai dúas semanas.

Samuel e Roberto amosaron un bo nivel pero aínda lles agarda máis traballo para poder colocarse en posición de loitar en probas internacionais de primeiro nivel. Carlos permanecerá concentrado esta semana no CAR Infanta Cristina de Murcia convocado coa selección española co obxectivo de perfilar  ao equipo español que participará nas próximas citas internacionais.