Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Festival de Pardiñas, finalista nos Premios Martín Códax da música

Por 20 Abril, 2018Abril 25th, 2019Sin comentarios

Nunha gala celebrada nas Bodegas Martín Códax de Cambados, déronse a coñecer as propostas finalistas nas distintas categorías destes premios da música galega. Neste listaxe destada a presenza do Festival de Pardiñas, que é finalista na categoría de festivais xunto a Resurrection Fes e o Nigranjazz.

Xunto a eles estarán Espiño, Som do Galpóm, The Lákazans, Uxía, Caxade, Chotokoeu ou Ig Mig entre os finalistas nos distintos estilos musicais ou Músicas Galegas Ilustradas, Tolemias.tv e Ábrete de Orellas, finalistas entre os medios de comunicación.

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (superando os inscritos na anterior edición): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical. Novamente, as bases non permitían presentarse aos premiados na pasada edición. Agora será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, o que decidirá os proxectos premiados en cada unha das categorías. Este xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online da web www.premiosmartincodaxdamusica.com, será secreto e os nomes dos seus integrantes non se farán públicos ata finalizar o proceso. Os gañadores coñeceranse o 9 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano mais no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os finalistas son os seguintes: