Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

O PSOE solicitará no Parlamento que o mozos do rural teñan transporte gratuíto

Por 23 Abril, 2018Sin comentarios

O Grupo Socialista defenderá no Pleno do Parlamento desta semana unha proposta para garantir aos mozos e mozas do rural o mesmo servizo de transporte público gratuíto co que contan nas áreas metropolitanas. A deputada socialista María Pierres levará esta iniciativa na que reclama unhas condicións “cando menos semellantes ás da tarxeta xente nova”.

Pierres reclama unha tarxeta “coas características e vantaxes tarifarias das que desfrutan os mozos e mozas do medio urbano, rematando coa discriminación que están a padecer na actualidade aqueles que residen no ámbito rural”. Reclama que esta condición “forme parte das contratacións que debe realizar a Xunta de Galicia proximamente, a través do que deu en chamar o seu Plan de Transporte Público”.

A responsable socialista sinala que nunha etapa que o propio presidente da Xunta deu en denominar a “Lexislatura do rural”, manteñan a diferenza de servizos entre os mozos e mozas dun medio e do outro. Lembrou que as razóns de desprazamento no rural “son en moitas ocasións obrigadas, por cando é forzoso trasladarse para acceder aos servizos dos que carecen, a diferenza do que sucede nas cidades galegas”.

Sinalou neste sentido que “mentres o transporte metropolitano percibe 10 millóns de euros en subvencións anuais por parte da Xunta, nas cales están incluídas as axudas para a gratuidade da xente moza, o transporte regular xeral e fora desas áreas urbanas non conta con contía algunha”.