Skip to main content
ActualidadeXermade

Un veciño de Lousada denuncia a suposta plantación ilegal de eucaliptos na Fraga do Carballal

Por 28 Abril, 2018Sin comentarios

Un veciño de Lousada, parroquia de Xermade, denuncia que desde 2016 se están a realizar na zona da Fraga do Carballal unha serie de actuacións de repoboación forestal “que contraveñen a normativa autonómica e estatal sobre usos do solo”.

Segundo afirma, en varias parcelas ocupadas por carballos cunha antigüidade superior a cen anos se cortaron estes para ser substituídos por eucaliptos. Engade que “en ditas parcelas realizáronse aproveitamentos madereiros con corta xeralizada de toda a superficie afectada para o que sería preciso autorización administrativa”.

O denunciante afirma que a zona afectada está próxima a un arroio polo que debería constar a tala coa autorización da Conferederación Hidrográfica do Miño-Sil e que na conca do mesmo se atopan os restos da plantación de eucaliptos.

O denunciante califica esta situación como “dano medioambiental e paisaxístico moi superior ao valor económico da corta e da plantación realizadas, posto que a Fraga era unha zona natural de crecemento de especies autóctonas que se conservaba a través dos tempos”.