Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Riotorto celebrará o 12 de maio a terceira edición dos Cantos de Taberna

Por 11 Maio, 2018Sin comentarios

O vindeiro 12 de maio arrincará a unha nova edición dos Cantos de Taberna de Riotorto. Trátase da terceira edición do evento, no que haberá actuacións de diversos grupos. O Concello organiza esta iniciativa, que se iniciará ás 20:00 horas, e haberá unha cea de confraternización na Praza das Rodrigas ás 23:00 horas. Os locais incluídos que colaboran son: Mesón Novo América, Casa Rivas, Casa Rodil, Bar DRS, Café Bar Al Volante e Mesón O Mazo. A xornada acabará cunha gran foliada de todos os grupos participantes a partires das medianoite.

Para poder inscribirse haberá que chamar ao 657010208.