Skip to main content
Actualidade

Veciños de Outeiro de Rei coñecen o aproveitamento resineiro

Por 15 Maio, 2018Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei realizou a primeira xornada forestal sobre o aproveitamento da resina, que se desenvolveu en dúas sesións. Por unha banda, o pasado 18 de abril, tivo lugar un relatorio no salón de actos da Casa da Cultura, onde se expuxeron os conceptos teóricos desta actividade e os beneficios económicos, sociais e ambientais derivados da ejecución da mesma nos pinares da zona; doutra banda, o venres 11 de maio, tivo lugar a visita a explotacións resineras situadas en Loiba e O Vicedo, co obxectivo de mostrar ás persoas interesadas casos de éxito onde se implantou esta actividade e facerlles unha explicación práctica deste aproveitamento.

Tras esta primeira experiencia, os resultados obtidos foron moi positivos, mostrándose interese por parte das persoas participantes e xurdindo a posibilidade de implantar esta actividade nalgúns pinares do concello.

O concello de Outeiro de Rei está realizando esta actividade en colaboración coa empresa Letme Solucións S.L., consultora integral sobre aproveitamento resinero e Francisco Domínguez, resineiro profesional e socio fundador de Arega16.

Con intención de seguir dando a coñecer esta actividade está previsto que durante a feira de artesanía que se celebrará o día no mes de xullo se realice unha pequena demostración e se dea información ás persoas interesadas sobre esta actividade.