Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Cesár Dorado gaña as eleccións de Acruga outro ano máis

Por 21 Maio, 2018Sin comentarios

César Dourado seguirá á fronte de Acruga durante os próximos catro anos despois de que vencese con rotundidade nunhas eleccións que rexistraron unha maior participación que nas citas electorais vividas na asociación anteriormente, xa que votou un 85 por cento dos 1.255 gandeiros que tiñan dereito a voto nestas eleccións.

Este 85 por cento dos 1.225 gandeiros supera con fartura á porcentaxe de participación das anteriores eleccións, nas que se rexistrou un 62,6 por cento de asistencia. Aínda que houbo 1.067 votos emitidos, rexistráronse 995 votos válidos e catro en branco. A alta participación e a elevada porcentaxe de votos delegados atrasou o escrutinio das eleccións. A necesidade de comprobar a validez da documentación que acompañaba a cada un destes sufraxios fixo que o reconto se prolongase ata altas horas da madrugada. Dorado obtivo 540 votos, polos 301 de Antonio Núñez Torrón e os 150 de José Antonio Fernández Álvarez. Con esta votación sumaranse 4 anos mais aos 12 que xa leva no cargo.