Skip to main content
ActualidadeVilalba

Dúas medallas máis para loitadores escolares vilalbeses

Por 21 Maio, 2018Sin comentarios

Dous loitadores vilalbeses acadaron unha gran posición na Copa de España de Loitas Olímpicas de Escolas Deportivas que vén de celebrarse na localidade sevillana de Alcalá de Guadaira.

Martín Pena acadou o ouro en menos de 85 kg e Samuel García  a prata en menos de 57 kg, ambos os dous na categoría escolar. Tanto Samuel como Martín xa lograran sendas pratas nos pasados campionatos de España escolares polo que pechan unha boa tempada e agardan poder estar no nivel da loita polas medallas na súa próxima tempada, agora xa como cadetes.

A próxima semana será o turno de Carlos Yobani que se desprazará a Italia para loitar no torneo internacional Citta de Sassari co obxectivo de clasificarse para o europeo júnior de Roma que se celebrará a finais de xullo.