Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés celebrará do 25 ao 30 de xuño o seu campus de verán

Por 23 Maio, 2018Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés celebrará este verán a cuarta edición do seu campus, que terá lugar entre o 25 e o 30 de xuño. Este ano, o campus estará dirixido a dous grupos de idade. Por unha parte polas estarán as actividades para os pequenos de 4 a 14 anos e pola outra unhas xornadas de tecnificación dirixidas a mozos de 13 a 18 anos.

Haberá distintas opcións, por unha parte haberá horario só de mañá para os máis pequenos, entre as 9.30 e as 14.00 horas cun custe de 100 euros, ao igual que as xornadas de tecnificación que serán de 10.30 a 13.30 horas.

Para os que o desexen tamén haberá xornada completa, con e sen manutención, de 140 euros para socios e 160 para o resto de persoas.

O prazo para anotarse a este campus, que xa está totalmente consolidado, xa está aberto. O primeiro prazo rematará o 5 de xuño e inclúe 30 euros en rifas para vender para o sorteo dunha noite no Spa Attica 21 para dúas persoas..

O segundo prazo de inscrición será entre o 6 e o 15 de xuño.