Skip to main content
Actualidade

O PSOE critica os investimentos do Estado na provincia de Lugo

Por 25 Maio, 2018Maio 27th, 2018Sin comentarios

O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos Ramos, e a Presidente do PSOE e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, valoraron este xoves o Presuposto Xeral do Estado de 2018 para a provincia, que aprobou “a alianza do Partido Popular e Ciudadanos, ofrecendo aos lucenses un orzamento mutilado e sendo os verdugos do progreso de Lugo”. PP e Ciudadanos pactaron votar en contra de todas as propostas que presentaron os socialista para incrementar en 33,1 millóns os investimentos do Estado na provincia e desenvolver proxectos imprescindibles para o desenvolvemento de Lugo, que rexeita a dereita.

Santos e Méndez destacaron que fronte aos máis de 178 millóns en investimentos para a provincia de Lugo no 2011, “no peor momento da crise”, que ofrecía o PSOE no Goberno Central; PP e Ciudadanos, “a dereita española, acordaron e pactaron recortar no 2018 estes fondos en máis dun 66%, ata os 60 millóns, que representan un terzo do que investíamos aos socialistas no conxunto do territorio lugués no 2011”.

O Secretario e a Presidenta explicaron que o PSOE presentou 37 emendas ao PXE de 2018 “totalmente realistas, viables e executables, por valor de 33,1 millóns en investimentos para o conxunto do territorio lugués”. De aprobáranse, feito que non aconteceu, pois “a alianza de PP e Ciudadanos supuxo o rexeitamento á súa totalidade”, a provincia recibiría este ano 93,1 millóns en investimentos por parte do Estado.

En contraposición, Ciudadanos presentou unha única emenda, dotada de 100.000 euros, para un estudo sobre o desdobramento da Rolda Norte na cidade de Lugo. “Non pediron nada máis para a provincia que un estudo. E isto foi suficiente para sumar co PP e pactar un orzamento mutilado para os lucenses. Isto é o que lle interesa á dereita deste país os lucenses. Ciudadanos é a muleta do PP, os que conxuntamente condenan á nosa provincia e desprezan a todos os lucenses” indicou Santos.

Fronte a esta cantidade de 100.000 euros para a provincia de Lugo, que representan un 0,00025% do Presuposto Xeral do Estado; Ciudadanos pediu 1 millón para A Coruña, 1 millón para Pontevedra e 500.000 euros para Ourense. Fíxoo en emendas aprobadas pola súa alianza co PP.

“A voceira de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzaou, foi capaz deixar a man no peto para dicir non a un Orzamento para os veciños do Concello de Lugo de 95,3 millóns mentres pacta e acorda co Partido Popular un Presuposto do Estado mutilado e sen imprescindibles proxectos para o desenvolvemento do conxunto do territorio lugués. PP e Ciudadanos son os verdugos do progreso de Lugo”, remarcou Méndez.

Propostas do PSOE fronte ás do PP e Ciudadanos  

As propostas do PSOE para a provincia de Lugo, que presentou en 37 emendas ao PXE por valor de 33,1 millóns para acadar este ano investimentos para a provincia de 93,1 millóns, fronte ás que pactaron e finalmente aprobaron PP e Ciudadanos son:

Cercanías, AVE, Intermodal

  • PSOE, 150.000 euros no 2018 para un estudo que permita o reforzo do tren de cercanías na provincia, atendendo ás reiteradas demandas dos veciños de Concello como Guitiriz ou Sarria./ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. En contraposición, Ciudadanos pediu, pactou e aprobou co PP destinar 1 millón de euros este ano para a liña de Coruña-Betanzos. Variante de Betanzos. Trátase da emenda da formación laranxa para a provincia da Coruña.
  • PSOE, 1,6 millóns de euros no 2018 para o supresión dos pasos a niveis na provincia de Lugo/ PP e Ciudadanos, 624.0000 euros logo de non executar os fondos de 2017.
  • PSOE, 500.000 euros de euros no 2018 para o acondicionamento e usos alternativos das vías que se suprimiron ao abrir a Variante da Pobra de San Xillao/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. 
  • PSOE, 4 millón de euros no 2018 para a Línea de Alta Velocidade Ourense-Lugo/ PP e Ciudadanos, 50.000 euros, a mesma cantidade sen executar de 2017. 
  • PSOE, 2,5 millóns de euros no 2018 para a Estación Intermodal de Lugo, imprescindible para a chegada do AVE á provincia/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 150.000 euros no 2018 para o estudo da Línea de Alta Velocidade Lugo-A Coruña/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 150.000 euros no 2018 para os estudos da Línea de Alta Velocidade Ponferrada-Monforte necesaria para que a provincia figure no Corredor Atlántico de Mercadorías como o facía no 2011 cos socialistas no Goberno Central/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.

Autovías

  • PSOE, 14,7 millóns no 2018 para a A-56/ PP e Ciudadanos, 10,8 millóns logo de non executar 7,6 millóns nos últimos anos: os socialistas pedían 12,7 millóns de euros para axilizar as obras no treito de San Martiño-A Barrela. PP e Ciudadanos pactaron 10,7 millóns este ano logo de non terse executados 7,5 millóns nos últimos 3 anos. Os socialistas pedían 2 millóns de euros para os treitos Narón-Guntín e Taboada-Narón da A-56. PP e Ciudadanos pactaron 50.000 euros para cada treito, sendo os mesmos fondos sen executar de 2017.
  • PSOE, 8,5 millóns no 2018 para a A-74/ PP e Ciudadanos, 3,5 millóns logo de non executar máis de 4 millóns nos últimos anos: os socialistas pedían 3,2 millóns para o treito Barreiros-Foz. PP e Ciudadanos pactaron 1,2 millóns cando non se executaron 2,5 millóns nos últimos dous anos. Os socialistas pedían 3,8 millóns para o treito Foz-Burela. PP e Ciudadanos pactaron 1,8 millóns cando non se executou máis de 1 millón nos últimos dous anos. Os socialistas pedían 1,5 millóns para o treito San Cibrao-Burela. PP e Ciudadanos pactaron 500.000 euros, a mesma cantidade sen executar de 2017.
  • PSOE, 200.000 no 2018 para a A-72 de Monforte e Chantada/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto do PXE, pois non figura. Cero euros.
  • PSOE, 1,4 millóns no 2018 para a A-76 de Monforte a Ourense/ PP e Ciudadanos, 336.700 euros logo de non executar os 400.000 euros de 2017.
  • PSOE, 6,8 millóns no 2018 para a A-54 de Melide a Palas de Rei/ PP e Ciudadanos, 4,8 millóns logo de non executar 22,5 millóns nos últimos tres anos.
  • PSOE, 400.000 euros no 2018 para o ensanche da saída da A-6 en Neira de Rei e conexión con Baralla/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar á proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.

Nacionais

  • PSOE, 3,8 millóns no 2018 para a N-642/ PP e Ciudadanos, 1,7 millóns logo de non executar máis de 2 millóns nos últimos anos: os socialistas pedían executar este ano os fondos previstos para 2019 tendo en conta os retrasos que acumulan a mellora desta estrada, o seu evidente deterioro e mal estado, así como os fondos que non se executaron para o seu arranxo, pois só na conservación de nacionais na provincia deixaron se executarse máis de 20 millóns nos últimos anos.
  • PSOE, 4 millóns no 2018 para a N-540/ PP e Ciudadanos, 1 millóns logo de comprometerse publicamente con 6,6 millóns para melloras en tres treitos que non se executaron: os socialistas pedían que os fondos de 3 millóns previstos para 2019 se executen este ano. PP e Ciudadanos pactaron obras de 1 millón este ano e de 3 millóns para 2019. Con todo, este orzamento segue a ser insuficiente para as melloras necesarias de 6 millóns como confirmou Fomento ao PSOE, pois faltan 2 millóns que non se contemplan, o que fai supor que a mellora integral desta estrada se demora polo menos ata o 2020.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para o desdobramento da Rolda Norte en Lugo/ PP e Ciudadanos pactaron 100.000 euros para un estudo, sendo a única proposta da formación naranxa para a provincia de Lugo.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para a mellora e o alumeado do treito da N-VI ao seu paso por Laxoa, Ponte Vao, no Concello do Corgo/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. Todo isto cando o Congreso aprobou unha proposición non de lei do PSOE para un proxecto de humanización e mellorar da N-VI.
  • PSOE, 1 millón de euros no 2018 para a mellora da N-120 de Castro de Ferreira de Pantón ao límite municipal de Monforte de Lemos/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. É un dos treitos máis perigosos da rede viaria segundo varios estudos.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para a Ronda Urbana, conexión antiga e nova da N-120 en Monforte de Lemos/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.

Outros proxectos

  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para dotar das instalacións necesarias (maquinaria) á plataforma e carga e descarga do Porto Seco de Monforte de Lemos/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 300.000 de euros no 2018 para a Ponte Aceña Nova sobre o Río Cabe, en Monforte de Lemos/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 300.000 euros de euros no 2018 para a pasarela peonil sobre a N-640 á altura das Gándaras, en Lugo. PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para o dragado de Foz, rexeneración da ría, protección e recuperación de sistemas litorais na provincia de Lugo/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. Todo isto cando este proxecto se comprometeu en diferentes ocasións por parte da dereita sen nunca levar nada a cabo.
  • PSOE, 1,5 millóns de euros no 2018 para saneamento na provincia de Lugo a través do Plan Crece/ PP e Ciudadanos, 500.000 euros logo de tan só executárense 7.000 euros dos 8 millóns que se comprometeron no 2015 para o territorio lugués mediante esta iniciativa.
  • PSOE, 800.000 euros no 2018 para intervencións de interese cultural no Camiño de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo/ PP e Ciudadanos, 391.000 euros logo de non executar máis de 1,5 millóns nos últimos anos.
  • PSOE, 1 millóns de euros no 2018 para a Gran Senda do Navia na provincia de Lugo/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. Todo isto logo da reunión cos representantes do Goberno Central con Alcaldes de Lugo e Asturias, na que presentaron o proxecto, acadando unha resposta positiva.
  • PSOE, 150.000 euros no 2018 para actuación ambiental na río Eo, no Concello de Trabada/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. Todo isto cando hai anos que se executou unha primeira fase deste proxecto.
  • PSOE, 200.000 euros no 2018 para a recuperación da antiga ruta do tren mineiro entre Villavieja e Trabada / PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 200.000 euros no 2018 para a traída de auga da Fonsagrada/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros. Todo isto cando este proxecto figurou nos PXE.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para un novo cuartel da Garda Civil en Vilalba/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.
  • PSOE, 300.000 euros no 2018 para unha nova comisaría da Policía Nacional en Monforte de Lemos/ PP e Ciudadanos eliminan este proxecto ao non aceptar a proposta dos socialistas. Non contemplan facelo. Cero euros.

Outras propostas do PSOE eliminadas por PP e Ciudadanos

A maiores das 37 emendas citadas, o PSOE tamén propuxo para este ano un Plan Especial Demográfico para as provincias de Lugo e Ourense con 10 millóns; un plan específico de 10 millóns encamiñado á declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade; un plan de emprego para as catro provincias galegas de 50 millóns; un plan de impulso da castaña de 2,5 millóns e un plan de prevención de incendios e rexeneración forestal para Galicia de 25 millóns.