Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto outorga axudas para o desenvolvemento de actividades culturais

Por 27 Maio, 2018Sin comentarios

A Xunta de Goberno do Concello de Riotorto aprobou as bases para a concesión das subvencións para actividades culturais e deportivas durante o ano 2018.

Estas axudas están dirixidas a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, agrupacións e asociacións que desenvolvan actividades de carácter cultural, deportivo ou deportivo cultural no concelo de Riotorto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de maio e deberán facerse segundo o modelo suministrado polo Concello, con memoria xustificativa e documentación adxunta que pode consultarse nas propias oficinas municipais.