Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Parga celebrará a andaina popular o 10 e suspende a carreira

Por 5 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz celebrará o domingo 10 de xuño a primeira edición da Andaina Popular e que terá lugar en Parga. A organización decidiu suspender a celebración da Carreira Popular e as actividades infantís que estaban previstas celebraranse máis adiante.

Trátase dunha proba non competitiva cuxo obxectivo é promover a vida sana e o deporte.

A Andaina terá a súa saída ás 10.00 horas desde Parga, concretamente no CIT. Percorrerá San Alberte e o Camiño Norte antes de volver a Parga, o que comprende unha distancia de 12 quilómetros.

Todos os participantes recibirán un agasallo.