Skip to main content
Actualidade

As Pontes destinará 162.000 euros a asociacións culturais

Por 22 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello das Pontes destinará 162.000 euros ás entidades culturais do municipio.

O goberno local abriu, hoxe, o prazo para solicitar as achegas dirixidas ás entidades culturais, para o ano 2018, coas que quere darlles apoio e contribuír a fomentar a participación cidadá no municipio.

Estas subvencións, destinadas a entidades culturais privadas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello das Pontes e que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade, están dirixidas a cubrir os gastos derivados das actividades culturais así como os gastos en infraestruturas e equipamentos executados ou adquiridos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018.

Para acceder a estas achegas é necesario presentar a solicitude a través da sede electrónica do Concello https://sede.aspontes.com/es/index.html, cumprimentada polo representante da entidade cultural, mediante certificado electrónico, xunto coa documentación esixida na convocatoria. O prazo para presentar as solicitudes é de 10 días, a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Pódese obter máis información sobre estas achegas no BOP 117, con data 21 de xuño de 2018,  na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello das Pontes http://vive.aspontes.org/