Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Os veciños non aceptan a proposta de Adif para a supresión dos pasos a nivel en Parga

Por 22 Xuño, 2018Sin comentarios

Os vecinos de Parga asistentes á reunión convocada polo BNG para explicar a proposta de Adif para a supresión dos pasos a nivel nesta localidade, rexeitaron a opción propostas de construír un túnel. Os veciños consideran que esta medida xeraría moitas molestias e suporía a división do pobo en dous.

A proposta de Adif contempla a construción dun paso subterráneo de preto de 200 metros dende a rúa Mestre Francisco ao antigo peirao do tren. Entre os inconvenientes aportados polos veciños están a posibilidade de inundación, a necesidade de coller o coche para ir ao outro lado da vía, a necesidade de eliminar aparcadoiros da rúa do Río para ser de doble sentido.

A proposta do BNG consiste nun trazado alternativo que partiría da Ponte da Retorta ata Recimil pasando preto do campo de fútbol de Parga e reducindo cinco quilómetros o trazado actual