Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba prepara a súa noite de San Xoán

Por 22 Xuño, 2018Sin comentarios

O sábado 23 de xuño A Asociación Cultural Campo de San Xoán celebrará por todo o alto esta data coa X Noite de San Xoán. O acto principal da programación será unha gran sardiñada, que dará comezo ás 21.00 horas na Praza de Santa María coa degustación de sardiñas, pan, liscos, cervexa, viños. Non faltará tampouco a tradicional queimada con conxuro incluído a partir das 00.00 h.

Pero a festa xa dará comezo ás 14.0o na praza de San Juan, co pregón a cargo de Xosé Manuel Lamas, seguido de sesión vermú con Manoli Silva. Pola tarde, tempo para os pequenos cunha sesión de globoflexia e a actutación do teatro de marionetas Trécola.

Finalmente, a noite estará amenizada pola actuación de Andrés Penabad e a súa banda, concerto previo ao acendido das fogueiras, que será sobre as 23.30 horas. Finalmente a música do resto da noite estará a cargo da Fonte de Merlán e Sintonía de Sancobade.

Un total de 1.000 tickets están a venda para a comida na Casa da Cultura, Os Píos, Stama, A Lareira, Bar Insua, Mesón do Campo, O Recanto do Ayala, Luar, A Taberna e Pafe. O prezo do ticket anticipado é de 2 euros e de 2,50 o mesmo día.