Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba abre o prazo de solicitude das axudas ás asociacións

Por 23 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Vilalba vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás subvencións municipais para entidaes públicas ou privadas de fomento da actividade ou interese municipal.

O prazo manterase aberto ata o 13 de xullo e para xustificar estas axudas amplíase ata o 14 de decembro.

As axudas están dirixidas a entidades sen ánimo de lucro que convocaran actividades durante o ano en curso. Con elas preténdese dar apoio ás entidades e contribuír a que acaden os obxectivos que lle son propios para fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación. O orzamento total para esta acción é de 34.000 euros.

Segundo explican no anuncio da subvención, cada entidade deberá presentar unha memoria da actividade realizada con orzamentos e datos económicos da mesma no Concello xunto coa solicitude. As entidades solicitantes entrarán nun baremo sobre as actividades que realizan para establecer a cuantía que lle correponde, que non será superior a 600 euros.