Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte celebra esta fin de semana as festas patronais

Por 25 Xuño, 2018Sin comentarios

Begonte celebra esta fin de semana as súas festas patronais de San Pedro, que se desenvolverán dende o vernes á noite, cando darán comezo as celebracións cunha churrascada popular amenizada polo grupo Atenas.

O sábado 30 haberá misa solemne ás 13.30 horas con sesión vermú coa orquestra Versalles. POla tarde, a banda municipal de Begonte Sons e Soños ofrecerá un concerto ás 17.00 horas para deixar pola noite a verbena de novo á orquestra Versalles, que estará acompañada pola recanteira Tania Veira.

O domingo a misa solemne terá lguar ás 13.30 horas con sesión vermú a cargo da orquestra Punto Clave, actuación patrocinada por Finsa.

Como clausura, o domingo haberá concerto tamén ás 19.00 horas a cargo da banda de gaitas das escolas municipais de Rábade, Begonte e Outeiro.