Skip to main content
ActualidadeMuras

Presentan o expediente sobre a propiedade dos Montes de Gañidoira e a Fraga de Ximarás

Por 27 Xuño, 2018Sin comentarios

O Concello de Muras vén de abrir o trámite de información pública por prazo dun mes, para que as persoas afectadas polo expediente de investigación iniciado na Corporación municipal sobre a propiedade dos Montes da Gañidoira e Fraga de Ximarás.

As persoas afectadas polo expediente de investigación poderán alegar por escrito canto estimen  ao seu dereito ante a Corporación, acompañando todos os documentos en que funden as alegacións.

Para obter e acceder a calquera información do expediente poden acudir á casa do concello en horario de oficina.

Unha vez rematado o prazo de alegacións, abrirase un período de proba por prazo de vinte días no que serán admisibles documentos probatorios. Unha vez rematadas estas probas e valorados os trámites presentarase un novo documento e abrirase unha nova etapa de revisión.