Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Paseo dos Soños inaugura un monolito na honra dos da Lexía e Alfonso Blanco

Por 9 Xullo, 2018Sin comentarios

Guitiriz rendeu unha homenaxe a Alfonso Blanco Torrado, presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel  María da Terra Chá, polo seu traballo na recuperación da memoria histórica. O seu labor foi agradecida no Paseo dos Soños, onde se ergueu un monolito para homenaxear  a Os da Lexía, os irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz.

Esta homenaxe está na liña de ecuperación da  memoria histórica, pero tamén fai unha atención especial a Alfonso, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.

Por iso, erixiuse un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade –Os da lexía e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas da localidade.

O monolito é unha obra do escultor Valdi – Xosé Val Díaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.