Skip to main content
Actualidade

As Pontes rendirá homenaxe a Antón Ferreiro

Por 11 Xullo, 2018Sin comentarios

As Pontes vai render homenaxe á memoria de Antón Ferreiro, presidente durante 24 anos, da Irmandade de Lesneven e recoñecido cronista da vida deportiva das Pontes.

Con tal motivo, o Concello ten programado para o 20 de xullo ás 18.00 horas un acto institucional no parque de Lesneven, en recoñecemento ó traballo de Antón Ferreiro en prol do irmandamento entre As Pontes e a vila bretona así como en favor da promoción do deporte e a cultura das Pontes.

Neste acto farase lectura un texto de Celso Emilio Ferreiro tras a que se procederá a descubrir unha placa conmemorativa e, un grupo de gaiteiros porán a nota musical para renderlle homenaxe a Ferreiro.

O acto, programado polo goberno local contará coa presenza de familiares e amigos de Ferreiro e, desde o Concello de As Pontes invítase a todos os veciños a sumarse a esta homenaxe.  Despois, ás 20:30 horas, diante da casa do Concello, farase a lectura do pregón que dará inicio ás festas patronais da vila.