Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade volverase a converter no epicentro dos torneiros

Por 15 Xullo, 2018Sin comentarios

Xermade volverase converter nun espazo de formación e exhibición de referencia do sector artesán galego entre o 21 e o 23 de setembro coa celebración do XVIII Encontro Internacional de Torneiros da madeira que contará coa presenza de catro expertos e profesionais da artesanía: Elisabeth Meziérs, Rod Page, Toni Porto e o veciño das Pontes, Lolo Castro.

Estes mestres do torno realizarán demostracións en vivo e compartirán as súas técnicas cos asistentes. Ademais, haberá postos de venda de maquinaria, ferramentas artesanais, publicacións e camisetas conmemorativas, así como exposicións de pezas torneadas en anteriores edicións. As pezas máis elaboradas e con mellor acabado da edición serán seleccionadas para a exposición itinerante.

Técnicas e materia prima
O torneado da madeira non se escapa á globalización. De feito, os distintos encontros sectoriais serven para dar a coñecer técnicas de distintos lugares coma o Reino Unido, Suíza, Alemaña, Grecia ou Francia. Así, cada torneiro adquire a técnica que mellor se adapte ao seu estilo e á madeira que empregue contribuíndo á aparición de tantos estilos únicos coma torneiros.

Galicia dispón dun amplo abano de madeiras apropiadas para o seu torneado: bidueiros, piñeiros, pradairos, etc.