Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Asociación San Xoán de Guitiriz recada fondos para os seus equipos de fútbol sala

Por 18 Xullo, 2018Sin comentarios

A Asociación Deportiva e Cultural San Xoán celebrará o sábado 21 de xullo unha churrascada co obxectivo de recadar fondos para os equipos feminino e sénior de fútbol sala conformados este ano e que terán o seu debut na competición en setembro.

A Churrrascada terá lugar ás 22.00 horas na explanada do colexio. O prazo para os adultos terá un prezo de dez euros e consistirá en churrasco, liscos, chourizo e pan (a bebida non está incluída). Os menores de dez anos terá o menú gratis.

Os tickets para participar están á venda a través dos membros da asociación ou nos teléfonos 618 819898 e 649043738.